Arquivo por meses: Febreiro 2018

Entrega de premios do concurso de relatos «Amar o mar»

Aproveitando as xornadas de portas abertas fíxose un acto de acollida do alumnado de Primaria do CEIP Plurilingüe “Rodríguez Cadarso” da Barquiña, que se aproveitou para celebrar a entrega dos premios correspondentes ao concurso de relatos que organizamos conxuntamente entre os dous Equipos de Dinamización da Lingua e da Biblioteca de ambos centros.

O xurado composto por profesores de cada centro escolleu os premiados do centro no que non imparte, e os relatos estaban repartidos nos niveis de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos.

Durante o acto houbo intervencións musicais de alumnado dos dous centros, así como recitado de poemas por parte de alumnado da EBI, e lectura dos relatos premiados, converténdose así nun interesante evento interxeracional.

Os premiados foron:

6º de Primaria:
Lucas Pardo Túñez por “María e o mar”
Antón Palacios Sánchez por “O meu amigo o mar”
1º e 2º ciclo de ESO:
Sofía Isabel Marcano de 2º ESO por “Nostalxia”
Paula Places Horta de 3º ESO por “Ondas amargas”
Bacharelato e Ciclos:
María Creo Rodríguez de 2º Bac (sen título)
Yaiza Collazo Lojo de 1º Administración e Finanzas por “ Amor polo mar”
 

Visita á exposición do Pergamiño Vindel

O alumnado de 3º de ESO e de 1º de Bacharelato foi visitar a exposición o Pergamiño Vindel ao Museo do Mar en Vigo, nunha saída organizada polo departamento de Lingua Galega e o EDLG.

Unha vez alí o monitor da actividade guiada contextualizou o Vindel dentro do marco histórico. Deixou de lado os aspectos artísticos e literarios e incidiu na importancia de que sexa un texto profano nun mundo dominado pola relixión. Sobre todo fixo fincapé nas diferenzas entre os avances tecnolóxicos e científicos que había en Al-Ándalus naquela altura e os dos reinos cristiáns, para o que se centrou no mundo da medicina. Para demostralo puxo en marcha unha especie de obradoiro no que rapazas e rapaces participaron facendo as veces de enfermos.

Antroido

Como cada ano o EDLG colabora na organización da celebración desta nosa festa tradicional organizada pola vicedirección do centro e que este ano xira arredor do tema transversal de todas as actividades programadas: o mar.